Hablando con nuestro docente del #CursoDeFitosanitarios
«Son poucas as veces en que os galegos estamos dacordo en algo, pero cando nos enteramos, hai un par de anos, de que iba ser obrigatorio ter o carné de aplicador profesional para comprar o “sulfato”, todos pensamos “xa están estes da Xunta dando a lata outra vez”.
Claro, é que realmente non sabemos para que fan esto, porque iba todo ben: un “sulfato” non ten perigo ningún, vas á tenda, pides o que precisas, o vendedor xa che dí o que hai que botar e listo, que total «sulfatar» sabemos todos. Porque claro, aos galegos a autodidactas non hai quen nos gane.
Quizais sexa máis intelixente darlle outro enfoque ao asunto: xa que nos obrigan a obter o carné, aproveitemos a ocasión para sacar algo en limpo.
A realización do curso permitiranos coñecer:
– que é un produto fitosanitario e de que está composto
– como actúan os distintos tipos de fitosanitarios
– cales son as condicións máis axeitadas para aplicar un fitosanitario
– cales son os principais perigos dos fitosanitarios para o aplicador e o entorno
– cales son os erros máis comúns no emprego de fitosanitarios
– como facer unha aplicación de xeito eficaz e sen perigo
– como calcular a dose de aplicación dun fitosanitario
– como actuar no caso de intoxicación con un fitosanitario
Por certo, ¿cal é o reto para o docente?: conseguir que o alumno centrado en “teño que sacar o carné” acabe disfrutando do curso e pensando “estou aprendendo cousas novas, e ademáis vou ter o carné”.»